O CGAI PROXECTA FAUSTO, FILME GAÑADOR EN VENECIA

4 / 06 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá martes día 5 de xuño -único pase, 20.30 horas, formato DCP- o filme triunfador do último Festival de Venecia, Fausto de Aleksandr Sokurov.  

 

FAUSTO     

(Rusia, 2011)
Dirección: Aleksandr Sokúrov. Guión: Juri Arabov, Aleksandr Sokúrov e Marina Koreneva, sobre a obra de Goethe. Produción: Proline Film. Fotografía: Bruno Delbonnel. Intérpretes: Johannes Zeiler, Anton Adasinskly. Duración: 134 minutos.
A gran triunfadora do Festival de Venecia 2011 (León de Ouro e dous premios máis), fin da tetraloxía sobre a natureza do poder –logo dos achegamentos a Hitler, Lenin e Hiro-Hito en Moloch (1999), Taurus (2000) e The sun (2005)- emprendida polo director Ruso Aleksandr Sokúrov. O doutor Fausto, un alquimista con ansias de grandeza, séntese frustrado polas limitacións do coñecemento humano. O seu carácter apaixonado faille caer cativado polos encantos de Gretchen, pola que vende a súa alma a Mefistófeles. Libre versión da obra de Goethe, irresistible e visualmente asombrosa, unha viaxe frenética e parabólica ás entrañas do ser humano e á mesma actualidade.

Categoría: Noticias
Etiquetas: