O CGAI PROXECTA DÚAS CURTAS DOS IRMÁNS FLEISCHER CON NARRACIÓN EN VIVO

28 / 10 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe venres día 28 de outubro (20.45 horas) dúas pezas didácticas a cargo de pioneiros da animación (os irmáns Max e Dave Fleischer) que nos achegan aos mundos de Einstein e Darwin. A proxección serve de colofón á IV Mostra de Ciencia e Cinema desenvolvida durante esta semana. As curtas teñen narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. A entrada é gratuíta.

THE EINSTEIN’S THEORY OF RELATIVITY  
(Estados Unidos, 1923)
Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer para Out of the Inkwell Films. Duración: 30 minutos.  
Documental producido en colaboración co divulgador científico Garrett Putnam Serviss. Estrouse o 11 de febreiro de 1923.
 
DARWIN’S THEORY OF EVOLUTION   
(Estados Unidos, 1925)
Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer para Out of the Inkwell Films. Duración: 50 minutos.  
Película documental que combina animación e imaxe real, producida coa cooperación e o apoio do Museo Americano de Historia Natural de Nova York.

Categoría: Noticias
Etiquetas: