“CELDA 211” FOI PRESELECCIONADA PARA REPRESENTAR A ESPAÑA NOS OSCAR 2011

15 / 09 / 2010

“CELDA 211”, producida por Vaca Films, Morena Films e Telecinco Cinema, é unha das tres candidatas para representar a España nos Premios Oscar, na categoría de Mellor Película Extranxeira. O film competirá xunto a “TAMBIÉN LA LLUVIA” de Icíar Bollaín, na que tamén participa Vaca Films, e “LOPE” de Andrucha Waddington.

O director xeral da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, Carlos Cuadros, presidiu o acto de lectura na sede madrileña desta institución, da mán do actor Luis Tosar, que foi o encargado de dar a coñecer a terna de finalistas. No mesmo evento, comunicáronse igualmente as tres candidatas a representar a España nos premios Ariel da Academia Mexicana de Cine, entre as que de novo atópanse “CELDA 211” e “TAMBIÉN LA LLUVIA”, acompañadas esta vez de “BALADA TRISTE DE TROMPETA”, o último film de Álex de la Iglesia. O próximo martes 28 de setembro darase a coñecer o nome das dúas películas que, finalmente, representarán a España en cada un dos Premios.

Categoría: Noticias
Etiquetas: