CÁSTING DE FIGURANTES PARA A NOVA TEMPADA DE PADRE CASARES

21 / 04 / 2014

Padre Casares despediuse este domingo da grella da Televisión de Galicia, pero o equipo da serie traballa xa na preprodución de novos capítulos. A tempada número 15, que chegará á TVG o próximo outono, comezarase a gravar nos próximos días nos estudios da Coruña. Voz Audiovisual busca figurantes, con ou sen experiencia, para a nova tempada. A produtora seleccionará persoas de todo tipo, idade e características físicas para figurar nos novos capítulos, que se empezarán a emitir, en outono.

Por outro lado, seleccionarase tamén un perfil concreto para un personaxe en particular: Un home de entre 35 e 45 anos, de máis de 1,80 de estatura e bo adestramento físico. Neste caso si é necesario que teña experiencia en interpretación e que saiba falar galego.

As entrevistas terán lugar o próximo martes 22, en horario de 10.00 a 15.00 horas, nas instalacións da Coruña (Rúa Gambrinus, 97, Polígono da Grela). Quen non poida acudir ao cásting pode enviar os seus datos e dúas fotografías (cara e corpo enteiro) á dirección ana.fontan@vozaudiovisual.com.

En poucos días as rúas de Redes, no municipio de Ares (bisbarra de Ferrol- Ortegal), se encherán de novo de cámaras. O mesmo acontecerá na pequena igrexa de Santa Eulalia de Liáns, en Oleiros (A Coruña) e nos estudios de Voz Audiovisual, no polígono da Grela, da Coruña.

Categoría: Noticias
Etiquetas: