CARLOS NAVARRO VISITARÁ A EGACI

19 / 12 / 2011

O vindeiro día 10 de xaneiro Carlos Navarro impartirá unha masterclass na Escola Galega de Cine (Avenida del Puente 80 Cabral, 36318 Vigo) ás 12.20 no salón de Actos da Escola.

Carlos Navarro Ballesteros, director de series de televisión, é licenciado en Ciencias da Información, Sección de Ciencias da Imaxe, pola Universidad Complutense de Madrid. Chega á dirección de series de ficción dende o campo da realización de televisión onde tamén exercera como mesturador e editor de video. A súa vinculación coas series de ficción comeza con «Al Salir de Clase» como axudante de realización.

Posteriormente realiza a serie «Policías, en el corazón de la calle». Dirixíu series como «Mis adorables vecinos», «La que se avecina», «Círculo Rojo» e «Física o Química», da que ademais foi Produtor Executivo. Na actualidade dirixe a 3º tempada da serie «Los misterios de Laura.

Título da masterclass:»O proceso creativo na produción e dirección de series de ficción»

Lugar: Salón de actos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia

Martes 10 de xaneiro do 2012, 12.20h.

Permítese o acceso a todo o público ata completar aforo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: