«CANTO VALE?» VISITA ESTA SEMANA AMES, POYAL, AS ILLAS CÍES, VIGO, A CORUÑA E CERCEDA

25 / 11 / 2011

Mañá, sábado 26 de novembro, a partir das 15.45 horas, a TVG emitirá a cuarta entrega de «Canto vale?», un programa que nos achega ao prezo da boa vida. As mellores casas, restaurantes, hoteis,  tendas e produtos de luxo, en xeral, de Galicia, pasarán por este espazo semanal.

No programa desta semana de Canto vale? nos achega ata Ames para visitar unha casa na que tradición e modernidade mestúranse á perfección. A vivenda ten como base unha casa de 1900, pero unha reforma posterior a converteuna nunha construcción moito máis moderna, na que destacan os materiais de primeira calidade e a colección de obras de artes que alberga.

Para deleitar o padal, o espacio visitará Casa Platija, en Poyal, un restaurante que dende 1965 non se baixou da guía Michelín. A súa cociña baséase nos produtos tradicionais de calidade pero con toques innovadores. Ademais, na súa bodega pódense encontrar más de 300 referencias de viños europeos, que poden chegar a alcanzar os 900 euros.

Despois de almorzar, o programa tomará un veleiro ata as illas Cíes. Unha viaxe na que poderemos desfrutar da tranquilidade do mar e das incribles vistas.

No centro de Vigo coñeceremos o Nagari: un hotel e spa de cinco estrelas, no que desconectar contemplando as incribles vistas sobre a ría de Vigo, e onde ata os mobles das habitacións están en venta..

Os coches de luxo non teñen por qué ser novos. E diso saben moito en Operint Coches, un concesionario de coches de segunda man e de alta gama. Descubriremos o prezo dun Porsche con tódolos extras.

Por último, Canto Vale? visitará Cerceda, para recorrer as instalacións de Portomuiños, unha empresa galega que fai das algas unha exquisitez. Os seus produtos distribúense nos cinco continentes. Da man dos seus traballadores, coñeceremos os secretos destas verduras do mar.

Categoría: Noticias
Etiquetas: