“LA CAJA DE PANDORA”, PREMIO DO PÚBLICO NA XXXII SEMANA DE CINE DE LUGO

5 / 10 / 2010

A película turca “La Caja de Pandora”, de Yesim Ustaoglu, foi a preferida polo público da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que se celebrou na cidade entre o 25 de setembro e o 2 de outubro organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Este título, que xa logrou a Concha de Oro na edición de 2008 do Festival de Cine de San Sebastián e a Concha de Prata á mellor actriz, Tsilla Chelton, por encarnar a unha anciá con alzeimer, impúxose con 2,610 puntos sobre 3 posibles ao filme chinés “Ciudad de vida y muerte” que obtivo 2,440 puntos. Por detrás quedaron o filme israelí “Ahami”, o iraní “Nadie sabe nada de gatos persas”, o sueco “Déjame entrar” e o español “Noche transfigurada”.

A organización estima que houbo unha asistencia de máis de 7.000 espectadores ás distintas proxeccións da Semana. Este ano o evento homenaxeou aos actores galegos xa falecidos, Enrique Muiño e Andrés Pazos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: