O BONITO CRIME DO CARABINEIRO PROXECTARASE NA MOSTRE DAL CINE EUROPEO DE UDINE

22 / 11 / 2011

Tras gañar o premio á mellor película para televisión no Festival de Cine e Televisión Reino de León a película proxectarase nesta mostra que terá lugar do 23 ao 26 de novembro de 2011 na capital da rexión italiana de Friuli.

O bonito crime do Carabineiro comeza a súa andadura internacional nesta segunda edición da Mostre dal Cine, organizada polo Centro Espressione Cinematografiche na cidade de Udine (Italia), capital da rexión de Friuli.

A Mostre dal Cine é un certame non competitivo de carácter bienal que xurde coa vocación de ser unha mostra internacional de producións cinematográficas rodadas en linguas europeas minoritarias. Producida por Zenit Televisión en asociación con Pórtico Audiovisuales e coa

coprodución de TVG, O bonito crime do Carabineiro conta coa produción executiva de Zaza Ceballos, a dirección de Miguel Conde e está protagonizada por Manuel Manquiña, Toño Casais e César Cambeiro, quen asistirá ao festival en representación do equipo e participará nos Encontros co público, aos que tamén asistirán Agustí Villaronga en representación da película catalana Pa Negre e Alberto Gorritiberea, director de La Piedra.

A película foi subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, ademais de recibir a axuda Plus Development do programa europeo Media.

Esta comedia negra está baseada en relatos de Camilo José Cela, con guión de Mario Camus e Fernando G. Corugedo. Nela ofrécese unha visión da Galicia de principios do século XX na que a ironía e o humor se filtran a través do retrato maxistral de personaxes e situacións sen perder o fío do real, selo indiscutible na obra de Cela.


Vida e destino

A xenial pluma do premio Nobel Camilo José Cela e os seus mellares adaptadores ao cine trasládannos a un verán de posguerra en Santiago de Compostela.

Un espelido viaxante de comercio de nome Evanxelino Cabrejas conta aos seus compañeiros de vermú a historia de Serafín Ortiz, un aposto carabineiro que ama os praceres da vida e fará o que sexa por gozar deles. Madureira, maleante, manipulador e falto de escrúpulos a partes iguais, converterase no seu compañeiro de falcatruadas. O resultado: unha mestura de humor absurdo, morte e predestinación que coce e estotra nunha pequena cidade da Galicia rural.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: