BELARMINO, DE FERNANDO LOPES, MAÑÁ NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

14 / 05 / 2014

Mañá xoves, 15 de maio, ás 18.00h o Cineclube Padre Feijoo organiza a proxección de Belarmino, de Fernando López, no seu ciclo de Clásicos do Cinema Portugués do S. XX, na Sala Emilio Pardo Bazán do Campus de Ourense. A entrada é de balde.

BELARMINO
Director: Fernando Lopes
| Portugal, 1964 | 82 min. | VOSe

O campión de boxeo retirado Belarmino Fragoso resposta fronte á cámara en forma de primeiro plano. Un documental que segue ao exdeportista na súa su rotina diaria: na casa coa familia, ollando para as mulleres mentres traballa nun clube nouturno e tamén durante as sesións de adestramento. É un dos primeiros filmes da xeración do Novo Cinema Portugués, inspirado pola Nouvelle Vague francesa mais sempre fiel ao neorrealismo italiano, cuxo pioneiro foi Manuel Guimarães na década anterior.

Categoría: Noticias
Etiquetas: