O BALNEARIO DE BATTLE CREEK, NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

15 / 09 / 2014

Comeza este martes, 16 de setembro o ciclo de “Cine e Termalismo” coa proxección de O balneario de Battle Creek de Alan Parker, que sigue en tres días consecutivos, unha viaxe da auga en diferentes épocas e continentes. As proxeccións serán na Biblioteca nodal de Ourense, nunha única sesión ás 20:30 horas.

O BALNEARIO DE BATTLE CREEK 

(El balneario de Battle Creek) The Road to Wellville

(1994, EE.UU) 120 min.

Director: Alan Parker

Comedia que narra a vida do excéntrico doutor John Harvey Kellog -inventor entre outras cousas, dos copos de cereais- (A. Hopkins), un defensor acérrimo da vida natural, e que rexenta un luxoso balneario en Battle Creek.

Categoría: Noticias
Etiquetas: