Hoxe publícase unha nova edición dos Papeis da Academia, dispoñible para a súa consulta en papeisdaacademia.org, con textos de María Yáñez, Sara Donoso, Manolo González, Pablo Barreiro, Jorge Mira e Julio González Díaz e fotos de Tamara de la Fuente, Amador Lorenzo e Aigi Boga.
Este ano o tema de portada é unha panorámica do audivisual na educación, con entrevistas e reportaxes en profundidade sobre diversas experiencias que se veñen desenvolvendo desde a propia Academia Galega do Audiovisual, por parte de institucións como a Comisión Europea ou o CGAI, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, a Academia do Cinema Europeo, festivais como Olloboi ou iniciativas particulares coma a do profesor Manolo González.
No repaso á actualidade desde 2019 afondamos no éxito da ficción galega nas plataformas, coas producións de CTV Media, Portocabo e Vaca Films coas series O Sabor das Margaridas, a primeira serie en galego emitida en Netflix; Hierro, a primeira serie orixinal de Movistar+ creada e producida en Galicia ou La Unidad, o thriller de Dani De La Torre que estará proximamente dispoñible en Movistar+.
A actualidade tamén vén marcada polo o grande éxito colleitado por O que arde, unha longametraxe premiada no festival de Cannes, producida e distribuida desde Galicia por Miramemira e Numax Distribución.
Tamén haberá un lugar para lembrar o que foi o 2019 na Academia, avanzar o que está por vir cun repaso ás rodaxes e estreas de cine e televisión que se esperan para o 2020 e un repaso aos palmarés dos festivais de cine que celebramos en Galicia.