AS PRODUCIÓNS DE RUBÉN COCA ESTARÁN EN CANNES, REGENSBURG E EDIMBURGO ESTA SEMANA

11 / 05 / 2010

O Festival de Cine de Regensburg, en Alemaña, fai unha homenaxe  ao cine galego e conta na súa programación cunha restrospectiva adicada a directores galegos. Así, visionaranse un total de catro obras do realizador ferrolán Rubén Coca como son ’O froito do tedio’, ‘Aquí non hai praia’, ‘Notamotof’ e ‘Mínimo Común Múltiplo’.

Por outra banda, o Consorcio Audiovisual de Galicia contará con ‘Mínimo Común Múltiplo’ e  ‘A nena que tiña unha soa orella’, como obras participantes no Marché du Film 2010 de Cannes, que durante toda esta semana promocionarán o audiovisual galego de forma paralela ao desenvolvemento do festival galo.

As obras de Coca -‘A nena que tiña unha soa orella’ e ‘Ecos’- tamén formarán parte dunha selección internacional de traballos de animación nas ciudades de Stirling e Edimburgo, Escocia.

No ámbito nacional, Rubén Coca estará presente, tamén con ‘A Nena que tiña unha soa orella’, na programación do Festival de Cans, en Pontevedra; así como no Festival de Cine de Sant Joan de Alicante.

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: