AS NOVAS TECNOLOXÍAS E A DISTRIBUCIÓN DAS CURTAS POR INTERNET, PRIMARON NOS DEBATES DO FESTIVAL DE CLERMONT

17 / 02 / 2011

A curtametraxe é o formato que se erixe como a máis empregada plataforma de compromiso social no sector audiovisual, na que a actualidade dos países de procedencia dos mesmos se pon de manifesto xunto ós problemas globais que vive o mundo. Así o manifestaron os representantes de Ficción Producciones –organizadores durante sete anos do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto-, a produtora executiva Mamen Quintas, e o director deste festival galego de curtametraxes, Tim Reford, á volta da súa participación no máis importante festival de curtas do mundo, Clermont-Ferand, en Francia.

Os conflitos sociais e políticos do mundo árabe ou a crise económica internacional, foron quizais as temáticas máis presentes neste festival francés este ano. Un cine moi social, moi étnico, deuse cita coa na representación da multitude de países participantes en Clermont. Temáticas que, malia seren localizadas en países concretos, teñen carácter universal e son fácilmente extrapolables a calquera país ou rexión, atendendo ás características sociais de cada un deles.

Do mesmo xeito, confirmaron o recoñecemento que no ámbito internacional ten o festival galego, que leva 5 anos pertencendo á ISFC (International Short Film Confedence), unha alianza de colaboración da que forman parte os principais festivais de curtas do mundo.

Xuntanzas e acordos coas máis importantes Distribuidoras co fin de conquerir os mellores e máis recentes traballos realizados no mundo –arredor de trinta xuntanzas-, encontros con compradores co obxecto de contar coa súa posible presencia no mercado da curta, como foron Canal +, France Televisio, Canal Arte, ou mesmo TVE, foron parte das citas que encheron a axenda de Mamen Quintas e Tim Reford, que participaron nas diferentes Mesas Redondas e Debates celebrados: as novas tecnoloxías e a distribución das Curtas pola rede Internet, centraron boa parte dos contidos.

Acordos de colaboración con futuros xurados, ou a posibilidade de trasladar ó Programa de Curtocircuíto actitivdades formativas que se celebran en Clermont ou se ofertan no seu mercado.

Un dos cometidos fundamentais da presencia de Ficción Producciones neste importante festival francés, era visionar os últimos traballos de cara a seleccionar as curtas para as seccións paralelas do festival galego, ademais de continuar coa promoción internacional e o asentamento de Curtocircuíto no panorama audiovisual internacional no tocante á curtametraxe.

Categoría: Noticias
Etiquetas: