ARTERIA NOROESTE ORGANIZA DOUS CURSOS DE FORMACIÓN SOBRE “GUIÓN E NARRATIVA AUDIOVISUAL” E “AVID MEDIA COMPOSER AVANZADO”

2 / 11 / 2010

A SGAE, a través de Arteria Noroeste, vén de publicar unha nova oferta formativa para todos os interesados. En concreto, trátase de dous cursos, un de “Guión e Narrativa Audiovisual” e outro de “Avid Media Composer Avanzado”, cos que se pretende achegar aos interesados as charlas formativas de dous expertos na materia.

Para o primeiro evento formativo, sobre guión e narrativa audiovisual, o profesor encargado de impartir o curso será Pablo Portero. Unh proposta para amateurs e profesionais do sector audiovisual que queren aprender máis acerca das técnicas de guión e narrativa a través da análise. Pablo Portero, guionista e director, detallará o desenvolvemento dunha idea dándolle unha estrutura, dotándoa de personaxes e diálogos, e enriquecéndoa creando conflitos e triángulos. O curso será do 4 ao 19 de novembro, un total de 27 horas.

O segundo dos cursos, impartido por David Pardo, preséntase como unha proposta formativa dirixida a estudantes de cine, comunicación, artes plásticas ou calquera persoa con motivacións na aprendizaxe da linguaxe audiovisual. Realizadores, montadores e outros profesionais poderán afondar nos seus coñecementos sobre a montaxe dixital coa orientación de David Pardo. O curso desenvolverase, ao longo de 20 horas, entre os días 6 e 27 de novembro.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 981.569183 ou ben escribir un correo electrónico á seguinte dirección: gnieves@sgae.es.

Asimesmo, proximamente terán lugar dous eventos formativos máis, organizados por Arteria Noroeste como son: -“Efectos cinematográficos con After-Effects”, con Óscar Pardo. Duración: 16 horas. Datas: 8 a 11 de novembro. “Produción Musical: Mastering”, con Gonzalo Pedrido. Duración: 20 horas. Datas: 15 a 18 de novembro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: