ARRUGAS GAÑA O PREMIO Á MELLOR PELÍCULA NO FESTIVAL DE CINE DE ALCALÁ DE HENARES

19 / 11 / 2012

O Festival de Cine de Alcalá de Henares (Alcine), tras pechar a súa 42ª edición, outorgou o Premio de mellor película na súa categoría de Pantalla Abierta a ‘Arrugas’ dirixida por Ignacio Ferreras. 

Este premio coincide con proxeccións da película en Estados Unidos (Washington) e Macedonia, e xusto antes dos Premios Europeos de Cine que terán lugar o 1 de decembro en Malta e onde Arrugas é a única película española nomeada.

Categoría: Noticias
Etiquetas: