Dentro da programación do Festival dos Abrazos 2011, haberá 3 citas relacionadas co Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal. Trátase dunha serie de filmes (xénero documental, longametraxes e curtametraxes) que se proxectaron en pasadas edicións do Festival e que pola súa gran calidade e fidelidade á hora de reflictir a cultura árabe, foron selecionadas pola organización para seren proxectadas no Festival dos Abrazos 2011, os mércores 10,17 e 24 deste mes de agosto.
Nestas tres xornadas, a programación incluirá as seguintes obras conematográficas, todas elas en versión orixinal e subtituladas o castelán:
MÉRCORES 10:
– O sal deste mar: Annemarie Jacir Palestina / Francia / Suíza / Bélxica / España / Países Baixos, 2008.
Soraya, de 28 anos, nada e criada en Brooklyn, decide volver a instalarse en Palestina, de onde a súa familia se exiliou en 1948. Desde a súa chegada a Ramala, Soraya intenta recuperar o diñeiro que os seus avós tiñan nun banco de Jaffa, pero tropeza coa negativa de a entidade. O seu camiño crúzase entón co de Emad, un mozo palestino que, a diferenza de ela, só desexa unha cousa: irse de alí para sempre.
MÉRCORES 17:
-A miña boneca de trapo: Shereen Ghieth Qatar, 2009
Walaa enterra a súa boneca lonxe dos ollos dos demais. Ten medo do que os turistas buscan nela? Sabe que o seu medio de vida é máis importante que os seus soños, así que se consola pensando que, se vende bonecas, poderá volver a vivir coma antes, como calquera nena da súa idade.
-Esperando a neve: Yassine El Idrissi Marrocos, 2009
Ao igual que moitos nenos de 5 anos en Marrocos, Ismail vive nunha gran pobreza. Nas profundidades da montaña do Atlas, espera a neve, pero non para gozar con ela coma os outros nenos. Para el, a neve trae un ingreso familiar vital.
-Baghdad express: Nimer Rashed Reino Unido, 2008
Maya soña con ir á escola de moda mentres traballa no restaurante árabe do seu pai en Londres. Pero cando se ve obrigada a decidir, que é o primeiro, o seu pai ou o seu soño?
MÉRCORES 24:
-Camino a Nahr Al Bared Sebastián Talavera España, 2009
A película narra a vida nun campo de refuxiados palestinos a través dos testemuños de cinco dos seus habitantes, de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos. As palabras de Yaser, Izar, Ali, Raed y Mustafá reflexan o día a día de 35.000 persoas.
Os mércores 10,17 e 24 de agosto son os días adicados ó cine no Festival dos Abrazos. O escenario onde se exporán al películas será a Ruela de Xerusalém, esa placita coñecida porque ten un olivo no centro. O horario será idéntico nas tres ocasións. Todas serán as 22,00 horas.