AMAL ORGANIZA UNHA MOSTRA COAS CURTAS GAÑADORAS DO CONCURSO AMAL EXPRESS 2011 NA FACULTADE DE COMUNICACIÓN

29 / 11 / 2011

O vindeiro xoves, 1 de decembro, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá unha mostra de curtametraxes organizada polo Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011. A asistencia será aberta e gratuíta.

Proxectaranse algunhas das curtametraxes que participaron no concurso convocado polo festival Amal “Amal Express”. Este ano, tódalas curtas viraron contorna a un eixo temático: “A REVOLUCIÓN”. Ademáis, a duración máxima sería de 5 minutos. O aspecto determinante foi que as curtas tiveron que realizarse en menos de 96 horas. Así, dende o luns 24 de Outubro e ata 96 horas despois, xestáronse tódalas curtas que se exhibirán o vindeiro xoves na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Ás 12,00 do mediodía do xoves día 1 de Decembro proxectaranse 12 películas, entre as cales se atopa a curtametraxe gañadora: (S)alas de Revolución, de Carlota Mosquera Rodríguez. Na mostra estarán presentes varios dos participantes de “Amal Express” para presentar as súas creacións e responder a posibles preguntas do público.

Categoría: Noticias
Etiquetas: