ALFONSO ZARAUZA PROTAGONISTA DE «DISECCIONANDO FILMES»

23 / 03 / 2010

O próximo 6 de abril, no ciclo «Cine por dentro – Diseccionado Filmes» o protagonista será Alfonso Zarauza co seu filme “La noche que dejó de llover”, que será proxectada ás seis da tarde. Este filme é unha ópera prima de Alfonso Zarauza, protagonizado por Luis Tosar (Miami Vice, Los lunes al Sol), Nora Tschirner (Kebab Connection), Chete Lera (El niño de barro) e Mercedes Sampietro (El hombre de arena).

A película é unha coprodución entre Iroko Films e Perro Verde Films, producida por Harold Sánchez e Manuel Cristóbal e co apoio do ICAA, a Xunta de Galicia, a TVGA, a Film Comission de Santiago de Compostela e a Axencia Galega do Audiovisual.

Alfonso Zarauza, guionista, director do filme e experimentado curtametraxista convértese no quinto director que realiza a súa ópera prima con Iroko Films, que mantén a súa premisa de apostar por novos talentos xoves do cine español.

Tras a proxección terá lugar unha conferencia/faladoiro con Alfonso Zarauza, nomeado mellor director no festival de Viña del Mar (Chile) e nos premios Mestre Mateo 2008, onde o filme recibiu 4 galardóns.

Lugar: Arteria Noroeste, Rúa das Salvadas 2 A, Parque Vista Alegre 15705, Santiago de Compostela.

Prezo: 3€ xeral, 2´5 € reducida (gratuíto para alumnos USC que queiran recibir un crédito de libre elección pola asistencia a 30 horas do ciclo “Cine por dentro”)

Información e inscricións: gnieves@sgae.es; Tel. 981 569183

Etiquetas: