AGAPI ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE PROPIEDADE INTELECTUAL NO SECTOR AUDIOVISUAL EN SANTIAGO

23 / 02 / 2012

AGAPI organiza unha xornada sobre a propiedade intelectual no sector audiovisual o martes, 28 de febreiro, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Os profesionais do sector audiovisual e os propios consumidores atópanse nun entorno cambiante no que se moven os límites da propiedade intelectual coa recente supresión do canon dixital e a próxima entrada en funcionamento da Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual que combatirá ás webs de enlaces que facilitan a piratería de produtos audiovisuais en internet. Ao mesmo tempo, as novas tecnoloxías seguen aumentando as posibilidades de creación, distribución e consumo de contidos audiovisuais coa chegada do Vídeo Bajo Demanda (VOD), as plataformas de crowdsourcing ou a licencia Creative Commons. A xornada organizada por AGAPI servirá de marco para o análise da situación actual e do seu futuro a través de mesas redondas e debates sobre as cuestións de actualidade. Tralo acto inaugural ás 09:30 horas a cargo de Dolores Ben, presidenta de AGAPI, e de José Pereira, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, terá lugar unha primeira mesa redonda ás 10:00 horas na que se analizarán o cambio dixital e o nuevo público activo co director de Márketing Audiovisual de R, Alfonso Martínez, o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco, e a directora da Escola de Medios de La Voz de Galicia, María José Arrojo, a quenes moderará Emma Lustres, produtora de Vaca Films. Ás 12:30 horas, terá lugar un coloquio en torno aos modelos futuros de negocio e o axuste entre a produción e distribución, no que participarán Paula Cons, da nova plataforma de produción e comercialización crowdsourcing Wecoop, María Yáñez, de A Navalla Suíza, o director da produtora multimedia Moonbite Games, Carlos Fernández, e o director da distribuidora e exhibidora Mr. Misto Films, Xoán Mariño.

Xa pola tarde, celebrarase, a partir das 16:00 horas, unha segunda mesa redonda sobre a situación da propiedade intelectual no entorno dixital que moderará a directora xeral de Zenit TV, Zaza Ceballos. Intervendrán nela o director Antipiratería da Entidade de Xestión de Dereitos dos Productores Audiovisuais (EGEDA) Octavio Dapena, o avogado Miguel Angel Bouza e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Gago. Para finalizar a xornada, terá lugar outro debate ás 17:30 horas que se centrará na problemática das descargas ilícitas e que contará coa participación da directora de Abano Producións, Chelo Loureiro, o produtor de Perro Verde Films, Manuel Cristóbal, o blogger Javier Pedreira «Wicho», o avogado de Zenit TV, Fernando Regueira, e o responsable de programación do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), José Manuel Sande.

As persoas interesadas en asistir a esta xornada, que é gratuita, deberán enviar ol formulario de inscrición dispoñible na web www.agapi.org, cumprimentado ao correo electrónico administracion@agapi.org. O aforo está limitado, polo que as prazas concederanse por orde de recepción dos formularios.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: