A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PROXECTA AS CINTAS GALARDOADAS NA ÚLTIMA EDICIÓN DOS PREMIS GAUDÍ

27 / 05 / 2013

A Academia Galega do Audiovisual proxectará ao longo desta semana, dende o día 28 de maio ao 1 de xuño, os gañadores dos V Premis Gaudí, que recoñecen a labor dos mellores profesionais e obras do cinema en Cataluña, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O acto entra dentro da habitual e fructífera colaboración que manteñen a Acadèmia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual.

Mañá martes, ás 20.30 horas, terá lugar a presentación do acto coa presencia de  Sara Horta, secretaria da Academia Galega do Audiovisual.

Entre as proxeccións, cabe destacar a presencia de obras recoñecidas premiadas nacionalmente, como é o caso de Blancanieves de Pablo Berger, Lo imposible, de Juan Antonio Bayona, e o film Tadeo Jones, de Enrique Gato.

A continuación, relatamos os horarios das proxección do 28 de maio ao 1 de xuño.

Martes 28 de maio

20.30 “BLANCANIEVES”, de Pablo Berger, gañadora nas categorías de mellor Película en Lingua Catalana, mellor Dirección Artística (Alain Bainée), mellor Música Orixinal (Alfonso de Vilallonga) e mellor Vestiario (Paco Delgado).

Mércores 29 de maio

20.30 “EL BOSC”, de Óscar Aibar, gañadora na categoría de mellor Protagonista Feminina (María Molins) e nomeada á mellor Película en Lingua Catalana

Xoves 30 de maio

20.30h “UNA PISTOLA EN CADA MANO”, de Cesc Gay, gañadora á mellor Película en Lingua Non Catalana, mellor Guión (Toàs Aragay e Cesc Gay), mellor Actriz Secundaria (Candela Peña) e mellor Actor Secundario (Eduard Fernández).

Venres 31 de maio

20.30h “LO IMPOSIBLE”, de Juan Antonio Bayona, gañadora nas categorías de mellor Película Europea, Dirección (Juan Antonio Bayona), Montaxe (Elena Ruiz e Bernat Vilaplana), Fotografía (Óscar Faura), Son (Oriol Tarragó e Marc Orts) e Maquillaxe e Perruquería (David Martí e Montse Ribé).

Sábado 1 de xuño

18.00h. “TADEO JONES”, de Enrique Gato, que gañou á mellor Película de Animación e os mellores Efectos Especiais / Dixitais (José María Aragonés).


Categoría: Noticias
Etiquetas: