As longametraxes e curtametraxes gañadoras dos Premios Mestre Mateo, celebrados recentemente na cidade de A Coruña, chegan a Madrid para ser exhibidos na Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.
Os pases das diferentes obras gañadoras terán lugar dende hoxe, día 12, ata o vindeiro xoves, día 14 do presente mes de xuño. Será na sede da Academia Española de Cine, a partir das 19 horas de cada un dos tres días.
Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no inicio deste ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional.
Esta é a orde de exhibición das obras galegas gañadoras na X edición dos Premios Mestre Mateo:
MARTES 12: ´DE AMOR E CANTERÍA´ (obra experimental) e ´TRALAS LUCES´ (longametraxe documental).
MÉRCORES 13: ´AS DAMAS NEGRAS´ (curtametraxe de ficción) e ´DOENTES´ (longametraxe).
XOVES 14: ´EL CLUB DEL BROMISTA´ (curta de animación) e ´ARRUGAS´ (longa de animación).
A maiores, indicar que na primeira semana de xullo, do día 3 ao 6, tamén serán proxectados os gañadores dos Premios Mestre Mateo no Centro Galego de Artes da Imaxe.