A XUNTA DE GALICIA CREA OS PREMIOS DA CULTURA GALEGA, QUE CONTAN CUNHA MODALIDADE DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

9 / 10 / 2010

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta crea e convoca os Premios da Cultura Galega que se outorgarán en sete modalidades: letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en ro do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

A Consellería considera preciso distinguir ás persoas e institucións que traballan nos distintos campos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión deste capital intelectual, na propia Comunidade Autónoma ou para o mundo. Concederase un único premio en cada unha das categorías, e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa. O recoñecemento consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio, e un diploma acretditativo.  

Poderán ser candidatas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que se distingusen pola súa traxectoria vinculada ao obxecto da modalidade correspondente, de acordo coas bases publicadas no DOG. As candidaturas poderán ser presentadas polas institucións e entidades culturais, relacionadas co obsecto de cada premio, sen que os candidatos podan postularse a sí mesmos, nun proazo de vinte días naturais contandos dende o 6 de otubro.  

Tamén poderán propor candidaturas os membros do xurado, que para o 2010 estará formado por un máximo de 12 membros. O conselleiro de Cultura e Turismo será o seu presidente, de desempeñará a función de vocais o presidente do Consello da cultura Galega (ou persoa designada), os tres reitores das universidades galegas (ou persoas designadas), o presidente da Real Academia Galega (ou persoa designada), o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura e catro profesionais de recoñecido prestixio designados pola Consellería de Cultura e Turismo. Asimesmo, un funcionario de dita Consellería actuará como secretario, con voz e sen voto. Os premios da Cultura Galega 2010 entregaranse no marco dun acto institucional.

Categoría: Noticias
Etiquetas: