A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre y el Máster en Edición Periodística organizan o Foro “As estatexias da comunicación visual”, a cargo de Alberto Cairo, que terá lugar no Museo da Prensa da Voz de Galicia o xoves día 16 de setembro ás 10.30 horas.
Alberto Cairo iniciou a súa carreira profesional na La Voz de Galicia e no Diario 16 e na actualidade é director de infografía e multimedia en Editora Globo (Sao Paulo, Brasil), onde se encarga fundamentalmente do semanario de información xeral Época, que ten unha difusión cercana ao medio millón de exemplares.
Durante a súa traxectoria, Cairo ten demostrado dominar a perfección as estratexias da comunicación visual das que falará durante a súa intervención. Mostra disto, foi o seu traballo de 2000 a 2005 como xefe de infografía online en El Mundo, onde coordinou as coberturas visuais de noticias como os ataques terroristas do 11-M, que lle valeron ao seu equipo numerosos galardóns internacionais. O ponente é ademáis profesor na Universitat Oberta de Catalunya e no Máster em Jornalismo de Sao Paulo e foi docente na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde voltará dar clase o próximo ano. Cairo é tamén autor do libro Infografía 2.0. Visualización interactiva de información en prensa.
DÍA 16 de septiembre
HORA 10.30 – 13.30 h.
LUGAR Museo de la Prensa de La Voz de Galicia
Av. de la Prensa, 84 – 85
Polígono Industrial de Sabón
15142 Arteixo (A Coruña)
INSCRIPCIÓN Gratuita.
Se entregará diploma certificativo de asistencia.
SE RUEGA CONFIRMAR ASISTENCIA AL TELÉFONO 981180416 o a la dirección de correo electrónico maria.souto@lavoz.es