«A TODA MECHA» AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 21 DE XULLO

14 / 07 / 2008

O concurso de curtas express A Toda Mecha, do IV Festival On&Off de Ribadeo, amplia o prazo de inscrición ate o 21 de xullo. Este Festival organizado por Mr Misto Films coa colaboración da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega, pon en práctica o terceiro proxecto de produción dixital e independente de Galicia.
Ate o de agora as prazas están cubertas por grupos procedentes de Galicia, doutras Comunidades Autónomas e de varios equipos estranxeiros.

O Festival realizarase en Ribadeo os días 30 e 31 de xullo e o 1 e 2 de agosto, tendo como obxetivo a realizacion de curtametraxes no prazo máximo de 75 horas. Un proxecto de produción conxunta no que a organización pretende pór a disposición dos novos creadores todos os elementos necesarios para a gravación e a produción .

Categoría: Noticias
Etiquetas: