Compartirá espazo con producións de máis de oitenta países, alcanzando un posicionamento internacional. «Linatakalam» foi reemitida este verán por La 2 de TVE e recentemente adquirida por Canal Nou, que prepara a versión en valenciano. «Linatakalam» xa está dispoñible en sete idiomas: castelán, galego, valenciano, francés, inglés, italiano e árabe.
A Plataforma Audiovisual UNESCO, dependente deste organismo internacional e xestionada en España por el Centro UNESCO de Cataluña, incorporou recentemente o seu catálogo a serie «Linatakalam» coprodución de IBISAtv, dirixida por Valentín Carrera, que foi emitida por numerosas televisiones en castelán, árabe e francés. Coa súa integración na Plataforma Audiovisual UNESCO, “Linatakalam” consigue un sólido posicionamento internacional que permitirá acceder a la serie una audiencia diversa y multicultural.
Nestes momentos a coprodución está a ser valorada para a súa adquisición pola principal cadea de televisión do mundo árabe, Al Jazeera. A recente adquisición da serie por parte de Canal Nou, e a súa próxima tradución ao valenciano, converten a Linatakalam nun estandarte da multiculturalidade, sendo accesible a sete idiomas: castelán, galego, valenciano, francés, inglés, italiano e árabe. Dende a UNESCO valoraron o compromiso de “Linatakalam” e a súa contribución á promoción do diálogo entre culturas, o intercambio de tradicións e os dereitos da muller, entre outros. A Plataforma UNESCO promove a filosofía da Carta das Nacións Unidas a través da creación audiovisual independente, en aspectos como o desenvolvemento sostible, a liberdade de expresión, a igualdade de xénero ou o diálogo intercultural.
“Linatakalam”, falemos en árabe, foi realizada no 2006 por IBISAtv, coa participación de TVG, TVE e produtoras de Marrocos e Italia, conta co soporte da Alianza de Civilizacións, e foi rodada en Exipto, España, Marrocos, Túnez, Turquía e Italia; a serie consta de seis capítulos dedicados ao encontro de civilizacións, á revolución silenciosa da muller, ao auga como o ouro do futuro, á globalización da inmigración, á convivencia entre relixións e á educación intercultural das novas xeracións, como única garantía dun futuro común en paz.
Esta invitación a formar parte da Plataforma Audiovisual UNESCO, cuxa web é http://creativecontent.unesco.org/, pon de manifesto a importante contribución de “Linatakalam” dende o audiovisual galego e súa aposta pola multiculturalidade e o diálogo entre civilizacións.