O xoves día 3, no tocante ós espazos hosteleiros e institutos de secundaria a actividade centrarase principalmente nas provincias de Lugo e Pontevedra. Por outra banda, e dentro do ciclo de proxeccións levadas a cabo nas sés permanentes da FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, poderanse ollar varias pezas nomeadas en A Coruña, Ourense e Santiago.
A SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO VISITA AS PROVINCIAS DE LUGO E PONTEVEDRA O XOVES DÍA 3
A Coruña, Santiago, Ourense e Lugo, tamén contarán con proxeccións de promoción dos traballos que optan ós Mestre Mateo 06
Santiago, 1 de maio 2007
O xoves día 3, no tocante ós espazos hosteleiros e institutos de secundaria a actividade centrarase principalmente na provincia de Lugo e Pontevedra.
A xornada comezará xa ás 9:30 da mañá no I.E.S Francisco Daviña de Monforte, coa proxección da película de Omar Martínez e a produción publicitaria Cabreiroá, a auga da terra da auga. Posteriormente ás 12:30 horas , levaránse a cabo sendas proxeccións no I.E.S A Pinguela, tamén en Monforte, e no I.E.S A Basella de Vilanova de Arousa. No primeiro poderemos ver o documental Lume e Fume e curtametraxe de ficción Cicatrices, mentres que no segundo, proxectarase a película de tv O Partido e as producións publicitarias Galicia Calidade e Las noticias del Guiñol.
Xa pola tarde no I.E.S Cotarelo Valledor de Vilaxoán, poderase ver o documental A dedo, historias de autostopistas e a curtametraxe de animación O Globo Animado.
Por outra banda, e dentro do ciclo de proxeccións levadas a cabo nas sés permanentes FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, poderanse ollar varias pezas nomeadas en A Coruña, Ourense e Santiago.
En A Coruña, poderemos deleitarnos con o documental Linatakalam , e a curtametraxe de ficción Bos Días.
En Ourense, verase a longametraxe De Profundis , e a curtametraxe de animación A Bruxa Catuxa.
Por último en Santiago de Compostela, proxectarase tamén a longametraxe De Profundis e a curtametraxe de animación A Bruxa Catuxa. Todos os pases serán as 20: 00 horas.
Finalmente e para os máis noctámbulos, no Babel en Lugo, se porá broche final a esta xornada coa proxección das curtas, tanto de animación como de ficción, que están nomeadas este ano; ofrecéndonos o mesmo tempo a todos nós unha alternativa de lecer. Será ás 22:30 horas.
A Academia Galega do Audiovisual adica toda esta semana a promover os Premios Mestre Mateo 06 exhibindo 24 producións e varias montaxes de programas de tv nas principias cidades e vilas galegas. Longametraxes, curtas de ficción e animación, series e programas de TV, documentais e producións de publicidade, están percorrendo simultaneamente as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas de A Guarda, Lalín, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Rúa, o Barco de Valedoras e Xinzo de Limia; as coruñesas de As Pontes de García Rodríguez e Culleredo; e as luguesas de Burela, Ribadeo, A Pontenova e Monforte de Lemos.
Con este circuíto- coordinado pola distribuidora Mr. Misto Films- a A.G.A proxecta parte das producións audiovisuais que optan ós Premios Mestre Mateo deste ano. Calcúlase que máis de 5000 persoas terán acceso durante máis de 100 horas de proxección audiovisual a coñecer parte daqueles traballos finalistas para os Premios, que se entregarán na Gala que terá lugar no Colón Caixa Galicia da Coruña o 9 de maio.
Esta Semana do Audiovisual Galego está permitindo dar a coñecer ós produtores, directores, técnicos, actores e demais profesionais implicados na produción audiovisual, entre a sociedade galega, ademais de apostar por novos espazos de difusión audiovisual como son –nas vilas- os establecementos hostaleiros, centros de ensino e outros centros de promoción cultural.