A PRODUCIÓN GALEGA «AUGA FRÍA DE MAR» CONSEGUE O MÁXIMO GALARDÓN NO FESTIVAL DE ROTTERDAM

9 / 02 / 2010

Agua fría de Mar da produtora galega Tic Tac Produciones triunfou na súa premiere mundial no Festival de Rotterdam. Levouse o máximo galardón que o xurado internacional lle concedeu pola súa «magnifica edición que constrúe un orgánico fluxo de imaxes mentres que a súa intensa dirección crea unha inquietante atmosfera e tensión».

Outras cintas, como Mundane History de Anocha Suwichakornpong e Alamar de Pedro Gonzalez-Rubio tamén foron galardoados neste festival internacional.

A historia de esta produción galega comeza unha noite de fin de ano. Mariana e Rodrigo atopan na Bahía Ballena de Costa Rica, preto da praia, a Karina, unha nena de sete anos que escapou dasúa casa. Resoltos a resolvela situación, a parella quédase esa noite. Pero á mañá seguinte, a nena desaparece.

De rodaxe íntegro en Costa Rica, Agua fría de Mar tivo éxito dende os seus inicios. A súa primeira presentación realizouse en “Cine en Construcción” do Festival de San Sebastián o pasado setembro. Foi en Rótterdam onde iniciou o seu percorrido internacional, que se augura será moi frutífero.


Categoría: Noticias
Etiquetas: