A PONTENOVA E TUI PORÁN O BROCHE FINAL Á SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

4 / 05 / 2007

Mañá sábado día 5, porase broche final a toda a Semana do Audiovisual Galego que se ven celebrando dende o pasado luns 30. Será na vila lucense de A Pontenova, e a pontevedresa de Tui, onde se pechará este ciclo de proxeccións con cadansúa sesión de curtas de animación e ficción.
A PONTENOVA E TUI PORÁN O BROCHE FINAL Á SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Mañá sábado, remata esta promoción dos Premios Mestre Mateo que organizou a Academia Galega do Audiovisual

Santiago , 4 de maio 2007

Mañá sábado día 5, porase broche final a toda a Semana do Audiovisual Galego que se ven celebrando dende o pasado luns 30. Será na vila lucense de A Pontenova, e a pontevedresa de Tui, onde se pechará este ciclo de proxeccións con cadansúa sesión de curtas de animación e ficción.

En A Pontenova poderase ver no Bar Puente ás 19:00 horas e en Tui ás 21:00 horas no Café Amadeus.

Múltiples foron os espazos polos que as distintas producións nominadas aos citados Premios pasaron. As sés Caixa Galicia das principais cidades galegas, os centros de educación secundaria repartidos por toda a nosa xeografía, e os espazos hosteleiros… foron testigos desta realidade audiovisual galega.

Con este circuíto -coordinado pola distribuidora Mr. Misto Films- a Academia Galega do Audiovisual levou a cabo diversas proxeccións durante toda esta semana, nas que se poideron ver parte das producións audiovisuais que optan ós Premios Mestre Mateo deste ano. O resultado das votacións dos socios e socias da Academia, terán a súa culminación na Gala de Entrega dos Premios que terá lugar no Colón Caixa Galicia da Coruña o 9 de maio.

Esta Semana do Audiovisual Galego permitiu dar a coñecer aos produtores, directores, técnicos, actores e demais profesionais implicados na produción audiovisual, entre a sociedade galega, ademais de apostar por novos espazos de difusión audiovisual como son –nas vilas- os establecementos hostaleiros, centros de ensino e outros centros de promoción cultural.

Etiquetas: