A película “El Poema El Cuadro El Disco» protagonizada polo dúo musical «Lovely Luna» (Xoel Lopez e Felix Arias) , a pintora coruñesa Lara Pintos , un poeta e un debuxante foi seleccionada para ser estreada en Sudamérica, dentro do Festival de Cine Internacional de Buenos Aires, o ‘Bafici’.
Este documental de baixo presuposto leva un mes percorrendo os festivais internacionas a atopou en Buenos Aires a súa primeira selección. Nun comunicado o BAFICI refírese deste xeito á peza audiovisual:
(…) As reflexións e as incógnitas antes, durante ou despois de gravar, pintar, escribir ou filmar se sinten próximas, agudas pero amables, froito da experiencia adquirida e tamén do crecemento no traballo(…). Así, no rexistro áxil deses procesos e entre personaxes entrañables, introducímonos na cotidianidade da gravación dun disco, e os Lovely Luna (Xoel López e Félix Arias), revélanse como un dúo folk-pop para descubrir e/ou disfrutar polo espectador(…)