A miniserie MAR LIBRE, emitida por TVG a noite do pasado martes, conseguiu situar á cadea case tres puntos por encima da súa media, sendo a máis vista das TV Autonómicas e competindo case á vez durante 50 minutos con Tierra de Lobos (Tele 5), Física o Química (A3) e superando amplamente á película Minority Report (La Sexta ).
O éxito deste digno produto é a súa honestidade, apostando polo compromiso de contar un momento histórico recente e oculto ata a data, desde unha contida produción, sen excesivos luxos pero con todo o rigor histórico necesario. Boa fotografía mostrando a bondade de recunchos virxes das nosas costas por un sólido equipo artístico e técnico galego.
Mar Libre narra feitos fundamentais, xerme e base do desenvolvemento da actual industria pesqueira e conserveira de Galicia.
Un brillante produto, diferente no seu tratamento cunha brillante dirección de Dani da Torre e unha coidada produción de Ficción Producións que pon en valor e dignifica a nosa historia.