“OS EXHIBIDORES NON TIVERON AXUDAS ESTATAIS PARA MODERNIZA-LAS SALAS DE CINE”
Con esta frase, o presidente da Federación de Exhibidores Cinematográficos de España, Primitivo Rodríguez, aludíu á falla de apoio que tiveron os exhibidores de cine en España porparte da administración estatal, para anova-lo parque de salas de cine, pasando das tradicionais minisalas, e posteriormente os megaplex –salas en gradas-; centrou na mesa redonda “Made in Galicia” a súa participación en defende-la diversidade cultural, e na adaptación das salas de cine ás novas tecnoloxías, é dicir, á exibición dixital, o que supón que terían que adquirir novos tipos de proxectores axeitados para a proxección de material rodado con tecnoloxía dixital.
Participaron tamén na mesa Antón Reixa, Javier Vasallo (Buenavista Internacional), Carlos Carballo (director de programas da TVG e moderador do acto-, Julio Fernández (de Filmax), Pancho Casal (Continental) e o devandito Primitivo Rodríguez.
“OS EXHIBIDORES NON TIVERON AXUDAS ESTATAIS PARA MODERNIZA-LAS SALAS DE CINE”
Hoxe clausúrase o Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña
A Coruña, 23 abril 2004.- Con esta frase, o presidente da Federación de Exhibidores Cinematográficos de España, Primitivo Rodríguez, aludíu á falla de apoio que tiveron os exhibidores de cine en España porparte da administración estatal, para anova-lo parque de salas de cine, pasando das tradicionais minisalas, e posteriormente os megaplex –salas en gradas-; centrou na mesa redonda “Made in Galicia” a súa participación en defende-la diversidade cultural, e na adaptación das salas de cine ás novas tecnoloxías, é dicir, á exibición dixital, o que supón que terían que adquirir novos tipos de proxectores axeitados para a proxección de material rodado con tecnoloxía dixital.
Participaron tamén na mesa Antón Reixa, Javier Vasallo (Buenavista Internacional), Carlos Carballo (director de programas da TVG e moderador do acto-, Julio Fernández (de Filmax), Pancho Casal (Continental) e o devandito Primitivo Rodríguez.
Pola súa parte, o productor Pancho Casal referíuse á excepción cultural como un feito que pode cambiar radicalmente toda a industria cultural en España, e empregala para “que a nosa cultura se distribúa en todo o mundo” xa que hai estructuras industriais suficientes en Galicia para facelo.
Para Julio Fernández “a excepción cultural é precisa e se non conseguimos mantela, sería gravísimo”, polo que é importante a forma de presentala ás autoridades competentes. O presidente do Clúster Audiovisual de Galicia referíuse tamén ó desenvolvemento da industria de animación en 3D que está tendo lugar en Galicia, e afirmou que en poucos anos, a animación na nosa Comunidade Autónoma será un referente mundial.
O productor e director, Antón Reixa cre que a excepción cultural se debe defender e opina que tódalas medidas lexislativas van nese sentido, pero tamén afirma que é “importante que as axudas percorran todo o proceso cinematográfico, dende a producción á exhibición”. Para Antón Reixa “o cine é un territorio mestizo e de tolerancia”, e concluíu a súa intervención salientando o labor dos actores galegos coma unha importante achega de Galicia ó resto do cine español, dada a súa cualidade e solvencia.
Esta tarde, coa mesa redonda “Modernización e ITV” –na que participan o músico Nani García, o director de Fotografía Tomás Pladevall, o director de Arte Félix Murcia, o escenógrafo virtual Ignacio Platero e o montador Anastasio Ramos, sendo moderada polo director de fotografía Suso Bello- péchase o Foro Academia Aberta 2004, que se centrou na cuestión “Pola excepción e a identidade cultural”.
Ás 9,30 da noite, será clausurado oficialmente o evento cunha Cea de Gala no decurso da que se entragará a Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual ó galego lugués José María Prado, Chema, Director da Filmoteca Española. Á Cea asistirán os socios da A.G.A., participantes no Foro e colaboradores do mesmo.