A estrea en cines de “Relatos” tivo lugar nos cines box Vialia en Pontevedra o venres día 26 de marzo e foi a segunda película máis vista durante toda a fin de semana, manténdose polo tanto en carteleira ao longo de toda a Semana Santa.
A película está distribuida por Via Láctea filmes e Mr misto e continuará a súa andaina polas salas comerciais por toda Galicia e o resto de España, sen descartar algunhas plazas europeas.
O filme pontevedrés logra situarse na prestixiosa lista da revista “International Film Guide” xunto con “Ágora” e “Celda 211”, despois do seu paso polos festivales de San Sebastián e Tokio.