O Centro Galego de Artes da Imaxe continúa coa súa actividade de proxección de filmes. Neste caso, o ciclo OFF Galicia fará un repaso do traballo do cineasta Tono Galán e terá lugar mañá sábado ás 18.00 horas nas instalacións do CGAI. A entrada será de balde e a presentación correará a cargo do propio director, acompañado de Xoan Abeleira.
O programa deste ciclo será o seguinte:
Proxección das pezas (77 minutos):
AFRICA NEGRA: BURKINA FASO /MALÍ
(España, 2004)
Dirección e guión: Tono Galán. Duración: 31 minutos.
Documento rodado durante unha viaxe a Africa.
ERIK PINTA UN CUADRO
(España, 2009)
Dirección e guión: Tono Galán. Duración: 4 minutos.
Finalista na 8ª edición de Notodofilmefest.
DÉJAVUS
(España, 2009)
Dirección e guión: Tono Galán. Produción: Eidanpelis. Duración: 20 minutos.
O David de Miguel Ángel cobra vida e transita por algunhas das grandes pinturas de todos os tempos, desde os muros de Altamira ata a época barroca. Unha sucesión de situacións trazadas polo artista Tono Galán que introducen o espectador no mundo da arte de maneira didáctica e amena.
XALUNDES
(España, 2010)
Dirección: Tono Galán. Guión: Xoán Abeleira e Tono Galán. Produción: Eidanpelis. Intérpretes: Xoán Abeleira, Mariví Villaverde. Duración: 22 minutos.
Homenaxe ao superrealismo por parte de Tono Galán e Xoán Abeleira. Concibido de xeito irracional, rodouse na prisión da Coruña, xa pechada. Baseado en textos e citas de autores como Camus, Rimbaud, Artaud e Breton, un poema visual herdeiro dos artistas aos que está dedicado.