Os días 6 e 7 de febreiro a Fundación TIC de Lugo (Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación) organiza “Rodado en Arxentina”, uns encontros sobre as produccións cinematográficas en Arxentina. Para o xoves pola mañan a programación conta ca proxección de “ O neno de barro” e unha charla coloquio con director do filme, Jorge Algora. Póla tarde o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, presentará “Raíces”, un programa de axuda para a co-producción con Arxentina.. Despois participará nunha mesa redonda xunto con Jorge Algora, Silvana di Francesco e Victoria Galardi na que se falará sobre todo o que supón levar a cabo unha rodaxe en devandito país. O acto será clausurado polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.