A longametraxe de animación producida por Continental e a produtora basca Abrakam, foi seleccionada no Animacor 2008 para optar ao premio á mellor longametraxe de animación.
O IV Festival Internacional de Animación de Córdoba, ANIMACOR 2008 que terá lugar do 3 ao 8 de novembro na cidade andaluza, conta na sección oficial a competición, con tres categorías entre as que se atopa a de mellor longametraxe de animación. A historia dirixida por Pedro Rivero e animada por Nikodemo estudios- creadores da coñecida serie de Internet, Cálico Electrónico-, é a primeira longametraxe feita íntegramente en Flash e competirá con 11 películas por facerse co máximo galardón do festival.
A Crise Carnívora amosarase tamén o vindeiro día 24 de setembro no Festival de Cine de San Sebastián, que se inaugura hoxe, coincidindo co Día do Cine Basco.
Por outra banda, a curtametraxe A Flor máis Grande do Mundo, outra das producións da división de animación de Continental, foi elexida para competir, en sección oficial, en tres festivais que se celebrarán no mes de outubro: 11º Festival Cinemambiente (Italia); 25º Festival de Cine de Bogotá (Colombia); 1º Festival Internacional de Animación en Ecuador.