A ASEMBLEA DO AUDIOVISUAL GALEGO CONVOCADA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

27 / 09 / 2005

A numerosa asistencia de membros da Academia
Galega do Audiovisual, convocante da Asemblea, e de múltiples colectivos que
representan ós distintos profesionais que integran o sector así como
entidades relacionadas co mundo da cultura e a docencia tamén relacionados co
mesmo, determinou a importancia deste encontro, o que denotou a importancia e o
interese dos profesionais, asociacións, organismos e entidades en levar a cabo
inciativas vertebradoras do audiovisual galego de cara a dárlle o impulso que
precisa e a resposta ás necesidades que existen neste importante sector
profesional, económico, industrial e cultural de Galicia.
A ASEMBLEA DO AUDIOVISUAL GALEGO CONVOCADA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL
ACORDA ELABORAR UN MANIFESTO PARA PRESENTAR Ó GOBERNO GALEGO

A necesidade dunha política audiovisual transversal coa creación que vertebre
tódolos organismos con competencias no sector, foi un dos temas tratados

A.G.A., martes 27 setembro 2005.- A numerosa asistencia de membros da Academia
Galega do Audiovisual, convocante da Asemblea, e de múltiples colectivos que
representan ós distintos profesionais que integran o sector así como
entidades relacionadas co mundo da cultura e a docencia tamén relacionados co
mesmo, determinou a importancia deste encontro, o que denotou a importancia e o
interese dos profesionais, asociacións, organismos e entidades en levar a cabo
inciativas vertebradoras do audiovisual galego de cara a dárlle o impulso que
precisa e a resposta ás necesidades que existen neste importante sector
profesional, económico, industrial e cultural de Galicia.
Na asemblea acordouse a elaboración dun Manifesto, que será elaborado contando
co consenso de tódolos sectores implicados no proceso de produción
audiovisual, de cara a presentarllo nun prazo aproximado de quince días ó
novo Goberno galego. Unha comisión na que estean representados tódolos
sectores, será quen de elaborar este documento-manifesto, comisión na que
tódolos sectores profesionais e culturais estarán inmersos.
Cuestións como a creación dun organismo único do audiovisual no que
participen en pé de igualdade tódolos organismos con competencias no sector,
e que deberá ser o vertebrador da política audiovisual do Goberno galego e
deberá tamén harmonizar e coordinar políticas de formación, investigación,
conservación, desenvolvemento, financiamento, distribución nacional e
internacional, exhibición-emisión, proxección exterior e outros, é un dos
temas postos sobre a mesa e que deberá abordarse nese manifesto.
Manolo Gómes, presidente da Academia Galega do Audiovisual, propuxo lanzou
tamén unha serie de temas a contemplar no devandito documento que deberá ser
previamente aprobado polos sectores ou os seus representantes, como a creación
dun organismo de supervisión e control do sector audiovisual, a reforma do
sistema de axudas públicas ó sector, a aposta pola formación e
actualización permanente do sector, a coordinación da polñitica de
innovación e desenvolvemento, a creación da segunda canle de tv galega, a
dotación de solo industrial descentralizado para a industria audiovisual, o
fomento das políticas de cooperación e coprodución, a sinerxia das
industrias culturais, foron temas propostos para seren incluídos no Manifesto,
no que tamén se contemplará a necesidade de establecer criterios inflexibles
no respecto pola lexislación laboral a prol dunha maior profesionalización e
do respecto ós creadores e intérpretes.
Na Asemblea estiveron presentes ademais de moitos socios da Academia e da propia
Xunta Directiva, representantes de Egeda, do EIS da Coruña; da Facultade de
Comunicación da Universidade da Coruña; da Asociación de Actores,Directores
e Técnicos de Escena de Galicia; da Asociación CREA -directores e
realizadores-; de Raio Verde; da Asociación de Escritores en Lingua Galega; do
EIS de Vigo; da AISGE; da SGAE; da Escola-Fundación TIC; do MPXA da
Universidade da Coruña; do Programa de Estudos Teatrais da Universidade da
Coruña, así como tamén o director do MCCD desta mesma Universidade, a
Facultade de Comunicación da universidade compostelá; de AEGA; da Facultade
de Comunicación da Universidade de Vigo, da Asociación Galega de Guionistas,
así como representantes do Clúster Audiovisual de Galicia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: