A Academia Galega do Audiovisual congratúlase dos éxitos logrados polos profesionais e empresas galegas nos Premios da Academia de Cine, os Goya, entregados na noite de onte domingo, xa que supoñen toda unha proxección da gran capacidade artística e empresarial do sector audiovisual galego en todo o estado.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONGRATÚLASE DOS ÉXITOS GALEGOS NOS GOYA
Luns, 31 de xaneiro 2005.- A Academia Galega do Audiovisual congratúlase dos éxitos logrados polos profesionais e empresas galegas nos Premios da Academia de Cine, os Goya, entregados na noite de onte domingo, xa que supoñen toda unha proxección da gran capacidade artística e empresarial do sector audiovisual galego en todo o estado.
As felicitacións que a Academia fai van dirixidas especificamente á actriz e actores Mabel Rivera, Celso Bugallo e Tamar Novas, polos seus premios como Mellor Actriz de Reparto, Mellor Actor de Reparto e Mellor Actor Revelación respectivamente. Así mesmo, felicita a Mara Collazo polo premio á Mellor Perruquería e Maquillaxe. En tódolos casos, foi pola película “Mar Adentro”, unha película que ademais de propiciar tamén a satisfacción da Academia por obter 14 estatuíñas –das 15 nominacións que tiña- que como tal fai respirar Galicia polos catro costados, é unha palícula participada pola productora galega Filmanova Invest.
A felicitación da A.G.A. exténdese tamén ó galego Julio Fernández, porque a película “Pinocho 3000” recibíu o Óscar á Mellor Película de Animación, unha película participada tamén pola empresa galega Brent-Entretaimen-Filmax Animtacion.
A Academia Galega do Audiovisual entende que con estes Premios, o sector audiovisual galego está de noraboa, e así lle-lo fixo saber ós socios nun comunicado interno.