A coordinadora de festivais xa ten xestora

23 / 09 / 2015

IMG_6398MOD

 

O pasado venres, día 18 tivo lugar a segunda xuntanza da Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia na que osrepresentantes dos festivais máis membros da directiva da Academia decidiron crear unha xestora que poña en marcha esta asociación para que no vindeiro mes de decembro se celebre a asamblea fundacional da mesma. Este colectivo de festivais galegos nace coa intención de agrupar a todas as citas festivaleiras audiovisuais que se celebran en Galicia.

Ademais de favorecer estas primeiras reunións previas, a Academia Galega do Audiovisual está poñendo en marcha unha base de datos con todas as citas festivaleiras para favorecer a comunicación entre festivais e para dar a coñecer aos espectadores todas convocatorias existentes no país.

A xestora, formada voluntariamente por representantes de cinco festivais,  redactará un texto inicial que será enviado a todos os festivais galegos, que poderán facer as súas aportacións. Este texto servirá de base para os estatutos da coordinadora e deberá ser aprobado na asamblea que está previsto convocar para o mes de decembro próximo. A xestora quedou formada por:

– Ángel Rueda, do S8, da Coruña.
– Sabela Cinza, do Chanfaina Lab, de San Sadurniño.
– Víctor Paz, do Play – Doc, de Tui.
– Aser Álvarez, do Festival Carlos Velo, de Cartelle, Celanova.
– Juan de Castro, do Primavera de Cine, de Vigo

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: