O productor galego José Manuel Lorenzo, presidente do Grupo Driver, fixo da súa intervención no II Congreso Galego Audiovisual, todo un acto reivincativo a prol do cine español, aducindo que a calidade do cine español contrasta co pouco interese que se lle presta no noso país. Afirmou tamén que as televisións non cumplen a normativa de difusión de películas nacionais, o que impide o éxito do cine español. JOSÉ MANUEL LORENZO AFIRMOU QUE A CALIDADE DO CINE ESPAÑOL CONTRASTA CO POUCO INTERESE QUE SE LLE PRESTA
O productor galego participou no II Congreso Galego Audiovisual
Santiago, xoves 16 decembro 2004.- O productor galego José Manuel Lorenzo, presidente do Grupo Driver, fixo da súa intervención no II Congreso Galego Audiovisual, todo un acto reivincativo a prol do cine español, aducindo que a calidade do cine español contrasta co pouco interese que se lle presta no noso país. Afirmou tamén que as televisións non cumplen a normativa de difusión de películas nacionais, o que impide o éxito do cine español.
José Lorenzo pensa que a clave está en ofrecer iniciativas a este cine que tende a carecer de cultura, porque só se pensa na audiencia, coma se o cine nos tivese que facer cada día un pouco máis tontos, como fai a televisión. Dixo tamén que a televisión non lle dá espazo ó cine como para ter audiencia, e en canto á producción propia en televisión, afirmou que se as series españolas tiveron éxito foi porque as televisións apostaron por elas.
Falou tamén do lugar hexemónico que ocupa o cine americano e que copa as cotas de mercado do cine europeo, que nin siquera entra en España e está sen embargo nos grandes festivais. Rematou Lorenzo afirmando que na educación da audiencia, está a clave do éxito, e un dos camiños inequívocos é a promoción do cine español na televisión.