GARANTI-LA DIFUSIÓN CULTURAL A TRAVÉS DA PRESERVACIÓN DAS PELÍCULAS: CONCLUSIÓNS DOS DIRECTORES DE CINEMATECAS

17 / 12 / 2004

O vicepresidente da Cinemateca portuguesa, Xosé Manuel Costa, e o director da uruguaia, Manuel Martínez Carril, participaron hoxe no II Congreso Galego Audiovisual para falar destes organismos estatais non sustentables –segundo afirman os economistas- dende a perspectiva privada. Os obxectivos destas entidades son os de garanti-la difusión cultural e a supervivencia das obras, e referíndose á evolución tecnolóxica actual do audiovisual, Costa afirmou que as filmotecas, corazóns de imaxes e centros de difusión cultural, deben de fluír e avanzar especialmente no aspecto dixital, dado que cada vez se fai máis necesario que a filmoteca entre xunto cos ordenadores no mundo audiovisual.
GARANTI-LA DIFUSIÓN CULTURAL A TRAVÉS DA PRESERVACIÓN DAS PELÍCULAS: CONCLUSIÓNS DOS DIRECTORES DE CINEMATECAS

A uruguaia e a portuguesa, estiveron presentes no II Congreso Galego Audiovisual a través dos seus dirixentes

Santiago, venres 17 decembro 2004.- O vicepresidente da Cinemateca portuguesa, Xosé Manuel Costa, e o director da uruguaia, Manuel Martínez Carril, participaron hoxe no II Congreso Galego Audiovisual para falar destes organismos estatais non sustentables –segundo afirman os economistas- dende a perspectiva privada. Os obxectivos destas entidades son os de garanti-la difusión cultural e a supervivencia das obras, e referíndose á evolución tecnolóxica actual do audiovisual, Costa afirmou que as filmotecas, corazóns de imaxes e centros de difusión cultural, deben de fluír e avanzar especialmente no aspecto dixital, dado que cada vez se fai máis necesario que a filmoteca entre xunto cos ordenadores no mundo audiovisual.

Martínez Carril, director da Cinemateca uruguaia, referíuse ás Cinematecas como entidades que xurden pola conciencia das persoas que crean modelos e movemento sosiciais. Actúan como coleccións que amplían a forma de velo mundo e deixan pegada dos productos cinematográficos na conciencia das persoas. De feito, afirmou, na historia do cine, os movementos sociais creounos a vangarda do cine francés nos espectadores. Para Carril, existe unha clara necesidade de preserva-las películas, que até o de agora son coleccións privadas que deberiamos dar a coñecer e facer públicas.

En canto ós dereitos das obras, Carril foi taxante manifestándose en contra da manipulación deste dereito sobre a propiedade intelectual por canto que a obra non é controlada polo autor como tal, senón polo mercado e os mercaderes. Afirmou tamén que é un atentado ás liberdades da persoa, e reclamou a necesaria liberalización da cultura e soster unha diversidade na arte e na multiculturalidade.

Categoría: Noticias
Etiquetas: