A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, CONTRA DO CRIME DOS LUMES

11 / 08 / 2006

A Academia Galega do Audiovisual une a súa voz á de toda a cidadanía galega en defensa da terra, da natureza e da vida, e en contra do inconcibible crime que estamos a padecer. A nosa é unha voz de ánimo ós que están loitando por apagar o lume e de conforto ós que sufren as consecuencias máis directas e irreparables dos incendios. A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, CONTRA DO CRIME DOS LUMES

Santiago, venres 11 agosto 2006.

A Academia Galega do Audiovisual une a súa voz á de toda a cidadanía galega en defensa da terra, da natureza e da vida, e en contra do inconcibible crime que estamos a padecer. A nosa é unha voz de ánimo ós que están loitando por apagar o lume e de conforto ós que sufren as consecuencias máis directas e irreparables dos incendios. Oxalá se identifique e deteña ós culpables; oxalá sexamos quen colectivamente de atopar solucións que rematen con esta enfermidade crónica do noso país. O audiovisual galego é voz e imaxe dunha sociedade; oxalá poidamos contribuír desde a nosa función a que teña fin esta terrible historia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: