Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EISS), que depende da Fundación TIC, acadaron o premio Estrella Galicia de Proxectos Audiovisuais pola curtametraxe A Soga da Soidade, dentro das V Xornadas de Formación Audiovisual, que se celebraron no decurso do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON DE LUGO ACADAN O PREMIO ESTRELLA GALICIA DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS POLA CURTA A SOGA DA SOIDADE
Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EISS), que depende da Fundación TIC, acadaron o premio Estrella Galicia de Proxectos Audiovisuais pola curtametraxe A Soga da Soidade, dentro das V Xornadas de Formación Audiovisual, que se celebraron no decurso do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense.
A curta elexida como mellor traballo audiovisual dos presentados por Escolas de Imaxe e Son de toda Galicia, foi realizada polos alumnos de segundo curso dos ciclos superiores de Realización e Producción da EIS de Lugo.
A Soga da Soidade foi rodada en O Caurel e narra a historia dunha familia marcada polo éxodo rural.
A curta foi dirixida por José Millares. O equipo técnico formado por alumnos da segunda promoción da EIS de Lugo estivo coordinado por Jairo Aldana.