NOVAS DO SECTOR: PLAY-DOC RECIBE 513 DOCUMENTAIS DE 55 PAÍSES

7 / 12 / 2006

513 películas procedentes de 55 países de todo o mundo, é o número total de obras que se presentaron á preselección desta terceira edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo de 2007. PLAY-DOC RECIBE 513 DOCUMENTAÍS DE 55 PAÍSES.

513 películas procedentes de 55 países de todo o mundo, é o número total de obras que se presentaron á preselección desta terceira edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo de 2007.

A maior participación foi a española con 143 películas, seguida de Francia, Alemaña e Portugal con 31, Países Baixos e República Checa con 22, EEUU con 21, Brasil con 16, Bélxica, Canadá e Israel con 15, e México, Eslovaquia e Reino Unido con 12, 11 e 10 películas respectivamente.

Tamén participaron películas de países como India, Croacia, Hungría, Italia, Nova Zelanda, Taiwán, Pakistán, Xapón, Corea, Rusia, Bulgaria, Chile, Arxentina, Palestina, Polonia, Sudáfrica, Venezuela, Estonia, Noruega, Angola, Dinamarca, Irán, Rumanía, Colombia, Suecia, Nicaragua, Kosovo, Finlandia, Cuba e Georgia que, entre outros, completan o listado de producións que quixeron estar presentes nesta terceira edición do festival tudense.

Por outra banda, cabe destacar este ano a notable presenza de producións galegas. 33 documentais procedentes da nosa comunidade presentáronse a esta convocatoria, que pechou o seu prazo de inscripción o pasado día 15 de novembro.

A organización de Play-Doc, móstrase moi satisfeita ante estas cifras, que superan en moito ás do ano pasado e que poñen de relevo a magnífica resposta en canto a participación e o gran poder de convocatoria que ten Play-Doc máis aló das nosas fronteiras.

Tralo difícil proceso de preselección, ao redor dunha treintena de películas de entre todas as presentadas, conformarán a programación do festival, que contará de novo cunha Sección Oficial a Concurso e unha Sección Informativa, así como unha serie de eventos paralelos, como talleres, exposicións e música en directo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: