NOVAS DO SECTOR: Play-Doc une a figuras relevantes do audiovisual europeo con profesionais do cine galego

23 / 03 / 2007

A terceira edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentales de Tui, foi o marco para a realización do primeiro Foro Documental que reúne a destacadas personalidades do mundo audiovisual en Europa con profesionais da comunidade para compartir experiencias Play-Doc une a figuras relevantes do audiovisual europeo con profesionais do cine galego
A Axencia Audiovisual Galega estreou Teutubo TV coa emisión en directo destas charlas

A terceira edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentales de Tui, foi o marco para a realización do primeiro Foro Documental que reúne a destacadas personalidades do mundo audiovisual en Europa con profesionais da comunidade para compartir experiencias. Enrique Nicanor, membro do Board e do programa MEDIA da Unión Europea, actuou como moderador desta primeira xornada de encontros no que participaron Catherine Buresi, responsable do programa EUROMED, Jacques Laurent, cofundador de Capnetwork, e Linda Beath, experta en financiamento audiovisual internacional. Ademáis Foro Documental inaugura as emisións en directo de Teutubo TV da Axencia Audiovisual Galega. Con esta iniciativa calquera internauta que se conecte á web da Axencia poderá seguir o foro en directo a través de videoconferencia.

Un festival é un lugar para que o público goce pero tamén un lugar de negocio entre profesionais e este é precisamente o principal obxectivo de Foro Documental, destacou Nicanor ante representantes de productoras galegas, alumnos da Escola de Cine e directores de documentales presentes en Play-Doc. Foro Documental está pensado para crear conversas entre os distintos bandos do audiovisual que sirvan de enriquecimiento entre as diferentes partes.

Pola súa banda Catherine Buresi animou aos presentes a traballar xuntos para unir a persoas de diferentes países e culturas. Jacques Laurent explicou que neste momento está traballando en novos xeitos de distribuír e vender os documentales para que sexan produtos rendibles. Finalmente, Linda Beath fixo un repaso da súa traxectoria profesional destacando o seu paso polo Arquivo Nacional de Cine de Canadá no que se formou.

Eva Weber e Pedro Carvajal comentan as películas que presentaron a Play-Doc

Eva Weber, directora de A intimidade dos descoñecidos e Samantha Zarzosa, productora deste filme, destacaron que Play-Doc é un punto moi agradable para coñecer a cineastas de todo o mundo coa oportunidade de compartir con eles experiencias. Weber explicou que o seu documental trata de profundar en como a tecnoloxía está cambiando a nosa forma de ser xa que comunicámonos máis a distancia, cos teléfonos móbiles, que coa xente que temos ao noso ao redor. Tanto ela como a productora do documental Samantha Zarzosa mostráronse impresionadas pola acolleita que tiveron no festival, destacando da súa presenza en Play-Doc a oportunidade de coñecer xente e convivir neste encontro audiovisual.

Pedro Carvajal, director de POPaganda, arte e crimes de Ron English, resaltou que Play-Doc é unha das mellores experiencias que tivemos xa que nos facilitaron colgar valas e realizar unha exposición. A súa película é moi ben acollida pola xente nova porque inspíralles, anímalles a expresar as súas opinións e fai que se interesen polo espazo público monopolizado polas grandes compañías. O artista Ron English anunciou en Play-Doc que está preparando un libro que recolle todas as pinturas da súa serie sobre nenos e que estará acompañado por un CD con catro cancións nas que tamén canta.

Categoría: Noticias
Etiquetas: