Algo máis de 500 curtametraxes e micromovies son as inscritas en tan só doce días que leva aberto o prazo de Compostela Curtocircuíto, o concurso de curtas da sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto 07. EN DÚAS SEMANAS, O CONCURSO INTERNACIONAL DE CURTAS E MICROMOVIES DE CURTOCIRCUÍTO RECIBE O MESMO Nº DE TRABALLOS QUE NA EDICIÓN ANTERIOR
Máis de 500 traballos provintes de 4 continentes consolidan a proxección internacional do Festival
Sábado, 14 de abril de 2007
Algo máis de 500 curtametraxes e micromovies son as inscritas en tan só doce días que leva aberto o prazo de Compostela Curtocircuíto, o concurso de curtas da sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto 07. Estes sorprendentes datos confirman non só a repercusión que este evento ten a nivel internacional, senón que confirma la consolidación del mismo en el ámbito de los festivales internacionales de este género cinematográfico. Non se entende senón que en tan só doce días, se acadase a cifra de curtas e micromovies presentadas en todo o prazo na edición do pasado ano.
Sorprende tamén a gran diversidade de países e continentes que participan: 52 países diferentes polo de agora. Países como Italia, a República de Croacia (Europa Central), Tailandia (o reino de Tailandia está no sudeste de Asia), Burundi (pequena nación de África Oriental con perto de 6 millóns e medio de habitantes), Alemania, a República de Eslovenia (na Europa Central), Francia, Noruega, a República do Líbano (país de Oriente Medio que limita con Siria e Israel) ou Arxentina: Latinoamérica, Europa, África, Asia… Unha importante participación que se constata tamén a través dos milleiros de consultas na web oficial e noutras páxinas que ofrecen información do Festival, ademais dos correos electrónicos e chamadas telefónicas interesándose polas distintas seccións do mesmo.
Nesta edición, o concurso presenta grandes novidades como o Premio á Mellor Curtametraxe Galega, a inscrición on-line a través da páxina de rexistro internacional Short Film Depot e o incremento na contía dos premios.
De entre todos os traballos recibidos en Compostela Curtocircuíto, un Comité de Selección escollerá algúns para as proxeccións de Curtocircuíto na Rúa, que terán lugar nas prazas da Zona Vella de Santiago durante oito xoves de Xullo e Agosto.
As actividades de Curtocircuíto, comezaron o 12 de Marzo co concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató, que segue aberto ata o 27 de abril. O obxectivo deste concurso é a produción e rodaxe do guión gañador e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais nacionais e internacionais.
As persoas interesadas en participar no Concurso de Curtametraxes poden inscribirse ata o 30 de Xuño na páxina web www.shortfilmdepot.com e consultar as bases e outra información de interese na páxina do festival www.curtocircuito.org.
Gabinete de Comunicación da
IV Festival Internacional de Curtametraxes CURTOCIRCUITO
prensa@curtocircuito.org
981 554 871