NOVAS DO SECTOR: ROSA DOS VENTOS DE JAIRO IGLESIAS XA TEN PÁXINA WEB

16 / 04 / 2007

A curtametraxe Rosa dos ventos escrita e dirixida por Jairo Iglesias xa dispón de páxina web na dirección www.rosadosventos.es con toda a información sobre a cinta. Ata o momento o director santiagués redactaba as vivencias do equipo a través dun diario de rodaxe que seguirá funcionando na web oficial ROSA DOS VENTOS DE JAIRO IGLESIAS XA TEN PÁXINA WEB
A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA MEDIADOS DE MAIO

A curtametraxe Rosa dos ventos escrita e dirixida por Jairo Iglesias xa dispón de páxina web na dirección www.rosadosventos.es con toda a información sobre a cinta. Ata o momento o director santiagués redactaba as vivencias do equipo a través dun diario de rodaxe que seguirá funcionando na web oficial.

Nesta produción participou un impresionante reparto actoral coñecido no panorama audiovisual galego: Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán. A curta narra a unha historia de amor e soidade na costa da morte. O marido de Rosa non está. Levouno o mar. A chegada á vila de Sara fará que Rosa se atope cara a cara co paso do tempo en palabras do realizador.

Comeza así a campaña de promoción que semana a semana irá desvelando os segredos da curta ata a estrea prevista para mediados de maio en Malpica, Coruña e Santiago de Compostela.

A curtametraxe conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon, Recreativos Ogeppik, Dobleclic.info, Gadisa e Alcomte Galicia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: