Do 30 de abril ó 5 de maio a Semana Galega do Audiovisual encherá de cine as sés da Fundación Caixa Galicia nas cidades e os centros de ensino e espazos hostaleiros nas vilas
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PROMOVE OS PREMIOS MESTRE MATEO 06 CUN CIRCUÍTO POLAS PRINCIPAIS VILAS E CIDADES GALEGAS
Do 30 de abril ó 5 de maio a Semana Galega do Audiovisual encherá de cine as sés da Fundación Caixa Galicia nas cidades e os centros de ensino e espazos hostaleiros nas vilas
A Academia Galega do Audiovisual dedicará unha semana –do 30 de abril ó 5 de maio- a promover os Premios Mestre Mateo 06 exhibindo 24 producións e varias montaxes de programas de tv nas principais cidades e vilas galegas. Longametraxes, curtas de ficción e animación, series e programas de TV, documentais e producións de publicidade, percorrerán simultaneamente as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas de A Guarda, Lalín, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Pontenova, A Rúa, O Barco de Valdeorras e Xinzo de Limia; as coruñesas de As Pontes de García Rodríguez e Culleredo; as luguesas de Burela e Monforte de Lemos. O Circuíto será inaugurado o primeiro día de proxeccións, o 30 de abril, pola presidenta da A.G.A., a actriz María Bouzas.
Con este Circuíto –coordinado pola distribuidora Mr Misto e patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (da Secretaría Xeral de Comunicación) e a Fundación Caixa Galicia-, a A.G.A. proxectará parte das producións audiovisuais que optan ós Premios Mestre Mateo –as que non están actualmente en distribución comercial no que ás producións cinematográficas se refire- na edición deste ano cedidas desinteresadamente polas empresas produtoras das mesmas, e que se corresponden cos traballos realizados ó longo do pasado 2006. Calcúlase que máis de 5.000 persoas terán acceso durante máis de 100 horas de proxección audiovisual a coñecer parte daqueles traballos finalistas para os Premios, que se entregarán na Gala que terá lugar no Colón Caixa Galicia da Coruña o día 9 de maio.
Esta Semana do Audiovisual Galego permitirá dar a coñecer ós produtores, directores, técnicos, actores e demais profesionais implicados na produción audiovisual, entre a sociedade galega, ademais de apostar por novos espazos de difusión audiovisual como son –nas vilas- os establecementos hostaleiros, centros de ensino e outros centros de promoción cultural.
As producións audiovisuais que se exhibirán son unha parte das finalistas ós Premios Mestre Mateo 06, dentro das categorías que se especifican:
LONGAMETRAXE
DE BARES, de Voz Audiovisual S.A. e Matriuska Producciones
DE PROFUNDIS, de Continental, Desembarco Produccións e Zeppelin Filmes
PELÍCULA TV
A BIBLIOTECA DA IGUANA, de Ficción Producciones
LA ATLÁNTIDA, de Formato Producciones S.L.
OMAR MARTÍNEZ, de Adivina Producciones, Nadie es perfecto e Just Films
O PARTIDO, de Vaca Films Studio S.L.
DOCUMENTAL
2050, de TV Siete
A DEDO. HISTORIAS DE AUTOSTOPISTAS, de Directo Producciones
LABREGOS DO MAR, de Producións Zopilote S.L. e Alén Filmes
LINATAKALAM, de Ibisa Tv S.L.
LUME E FUME, de Bren Entertainment S.A.
O BARCO DA MEMORIA, de Servicios Audiovisuais Galegos Saga tv
PROGRAMA TV
A CASA DE 1906, de Filmanova S.L. e Continental Producciones
ALALÁ, de Televisión de Galicia
ONDA CURTA, de Televisión de Galicia
PLANETA CINE, de Televisión de Galicia
SERIE TV
25 ANOS DE AUTONOMÍA, do Centro Territorial de TVE en Galicia
A VIDA POR DIANTE, de Voz Audiovisual S.A.
LIBRO DE FAMILIA, de Editorial Compostela S.A.
PEPE O INGLÉS, de CTV S.A.
PRODUCIÓN DE PUBLICIDADE
CABREIROÁ, A AUGA DA TERRA DA AUGA, de Continental e Cabreiroá
GALICIA CALIDADE, de I.A.C.E. (Lúa Films)
HESPERIA GRAN HOTEL LA TOJA, de Pórtico de Comunicaciones SL
LAS NOTICIAS DEL GUIÑOL, de Algarabía Animación
UN CAMIÑO DE ESTRELAS, UNHA CIDADE DE CINE, de Ficción Producciones e Incolsa
CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
BECHOS RAROS, de Ficción Producciones e Incolsa
BOS DÍAS, de Daniel de la Torre Alvaredo
S.O.S, de Antonio Mourelos
CICATRICES, de Mr Misto Films
CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN
A BRUXA CATUXA, de Grándola Nova
A PROMESA, de Plan Audiovisual Concello de Boiro
O LADRÓN DE BONECAS, de Matriuska Producciones S.L.
O GLOBO ANIMADO, de Producións Zopilote S.L.