NOVAS DO SECTOR: HOXE MARTES 24 DE ABRIL, NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO PRESÉNTASE o bosque de levas DA SERIE un mundo de historias PRODUCIDA POR FICCIÓN PRODUCCIONES

24 / 04 / 2007

Ás 20:00 hs de hoxe martes 24 de abril, ten lugar o Encontro cos Medios no que se presentará a película de tv O BOSQUE DE LEVAS, que dentro da serie UN MUNDO DE HISTORIAS, producíu a empresa galega FICCIÓN PRODUCCIONES. Tódolos medios de comunicación están convidados a este encontro no que se darán a coñecer os entresixos desta produción audiovisual HOXE MARTES 24 DE ABRIL, NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO PRESÉNTASE o bosque de levas DA SERIE un mundo de historias PRODUCIDA POR FICCIÓN PRODUCCIONES

Ás 20:00, Encontro cos Medios. Logo, proxectarase a película e servirase ós asistentes un viño galego

Ás 20:00 hs de hoxe martes 24 de abril, ten lugar o Encontro cos Medios no que se presentará a película de tv O BOSQUE DE LEVAS, que dentro da serie UN MUNDO DE HISTORIAS, producíu a empresa galega FICCIÓN PRODUCCIONES. Tódolos medios de comunicación están convidados a este encontro no que se darán a coñecer os entresixos desta produción audiovisual. A este Encontro asistirán:

– ÁNXELA BUGALLO, conselleira de Cultura e Deportes
– JULIO CASAL, produtor executivo da película
– ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO, autor da novela na que se basea a película
– CÉSAR CAMBEIRO, un dos actores da mesma
– ANTÓN DOBAO, director da película e da serie UN MUNDO DE HISTORIAS

… E despois… a proxección

Unha vez celebrado o Encontro cos Medios, proxectarase a película O BOSQUE DE LEVAS, á que tamén os medios, ademais doutras persoas convidadas á estrea.

… E ó remate…

Un viño galego para compartir ese tempo no que tódol@s asistentes comentan o que viron.

¡Estades tod@s convidad@s a todo!

Categoría: Noticias
Etiquetas: