NOVAS DO SECTOR: O filme de Voz Audiovisual, EL MENOR DE LOS MALES, viaxará ao Festival de Cine de Montreal

23 / 07 / 2007

EL MENOR DE LOS MALES, primeira produción 100 por cen galega e primeira experiencia cinematográfica en solitario de Voz Audiovisual, viaxará o vindeiro mes de agosto á cidade canadense de Montreal, para participar no seu célebre festival de cine. O filme foi convidado a figurar na sección Focus on World Cinema. O filme de Voz Audiovisual, EL MENOR DE LOS MALES, viaxará ao Festival de Cine de Montreal

EL MENOR DE LOS MALES, primeira produción 100 por cen galega e primeira experiencia cinematográfica en solitario de Voz Audiovisual, viaxará o vindeiro mes de agosto á cidade canadense de Montreal, para participar no seu célebre festival de cine. O filme foi convidado a figurar na sección Focus on World Cinema.
A película, dirixida por Antonio Hernández e protagonizada por Carmen Maura, Roberto Álvarez e Verónica Echegui, rodouse o verán pasado, no pazo da localidade de Pontemaceira, moi preta a Santiago de Compostela. A filme foi presentada oficialmente no Festival de Cine de Málaga, onde logrou tres galardóns do xurado: o premio ao mellor guión, para Antonio Hernández e Antonio Galeano; á mellor actriz de reparto, para Verónica Echegui; e ao mellor vestiario, para a gallega Ruth D. Pereira.

A produción conta, ademais, coa participación de varios intérpretes galegos, como Berta Ojea, que acaba de rodar a segunda parte de Mortadelo e Filemón; Antonio Durán Morris, ao que puidemos ver en títulos como Los lunes al sol, El lápiz del carpintero o Princesas; César Cambeiro, (Los lunes al sol, Heroínas, De bares, etcétera); e Xavier Deive, un actor moi coñecido en Galicia, que co El menor de los males realiza a súa primeira incursión no cine.

Categoría: Noticias
Etiquetas: