VII XORNADAS DE CURTAMETRAXES 2007 DO ATENEO FERROLÁN

11 / 12 / 2007

Os días 26, 27, e 28 de decembro -mércores, xoves e venres-, desenvolveranse no Ateneo Ferrolán as Sétimas Xornadas de Curtametraxes, comezadas no ano 2001, con grande interese do público en xeral.
A organización das xornadas está a rematar a programación de proxeccións para eses días. Entre outras, proxectaranse as curtametraxes “1977” de Peque Varela que acaba de quedar seleccionada -entre outros moitos premios- para o Festival Sundance ano 2007. Nun principio, Sundance foi un instituto de cinematografía pero pronto viu a necesidade de achegar ao público os traballos que os novos creadores realizaban, polo que en 1983 Robert Redford creou o Festival de Cine de Sundance, agora mesmo o certame de cine independente máis importante do mundo.

Outra curta do programa é “El hombre esponja” de Juan Antonio Baiona, director de “El Orfanato”. Ademáis, farase unha mostra dos traballos realizados na Escola de Imaxe e Son de Vigo coas novas promesas de directores noveis.

Así mesmo, amosarase a curta «Piojos» de Edu Lavandeira, e outros presentarán os seus últimos traballos de animación 3D, comedia, terror, etc, por parte de María Salvatierra, Raúl García, Marcos Méndez, Eva Rei, Gervasio Vs Yakuza e outros.

Categoría: Noticias
Etiquetas: